REVISTA ABRIL

Paco Ibáñez homenaxe a Carlos Oroza

09xuñ21:00Paco Ibáñez homenaxe a Carlos OrozaCONCERTOS | Desde 18,00€21:00(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

Con motivo do centenario do nacemento do poeta Carlos Oroza, (13-05-1923), o cantautor Paco Ibáñez ofrecerá un concerto o vindeiro 9 de xuño ás 21h no Auditorio Mar de Vigo co título Nos queda la palabra.

Neste concerto o cantautor interpretará catro ou cinco temas en galego, con poemas de Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro e dedicará unhas palabras a Oroza.

A asociación Évame Oroza organizará un acto previo ao concerto en recordo a Oroza, no que diferentes e coñecidos poetas recitarán os seus versos e proxectarase un vídeo de 10 minutos. Expoñeranse no auditorio diferentes elementos como fotografías e obxectos relacionados con Oroza e o centenario.

Outro acontecemento importante é a presentación no mesmo concerto dun libro titulado Oroza 100 publicado pola asociación Évame Oroza onde, cen persoas, escritores, músicos, intelectuais participan cos seus comentarios e algunha achega artística sobre o poeta.

‘Nos queda la palabra’ de Paco Ibañez

Comezou o 4 de abril en Madrid e a partir de aí segue por Barcelona, Valencia, Palma de Mallorca, Sète, Rabade, Crevillente, Xaén, Getxo, Paris, … e continuará por diferentes cidades europeas e latinoamericanas. Convertido nunha icona da loita pola verdade e a liberdade, internacionalista e embaixador da poesía no mundo, o artista ofrece un concerto que é unha proposta de amor e dignidade creando un espazo onde reivindica o humanismo fronte á barbarie do século XXI .

Vestido de negro, guitarra en man e rodeado de excelentes músicos, sobre un escenario de bela e sobria escenografía , Paco Ibáñez regálanos cancións de amor, de puro existencialismo, de loita e resistencia… que envoltas nos ritmos dos instrumentos e a forza da poesía evocarán a crueza e a tristeza pero tamén a ilusión, o amor e a esperanza… Paco Ibáñez convértese en protagonista do que canta e converte en protagonistas aos que escoitan que senten acompañados na súa resistencia pola dignidade persoal e colectiva.

A súa voz abre para todos unha porta misteriosa e secreta, a silenciosa e cegadora entrada cara á poesía… a porta da liberdade! Acompañarán a xira unha eclosión de belas cancións que este ano verán a luz en novos discos así como as reedicións das súas álbums máis emblemáticos.

As entradas xa están á venda a través de www.teuticket.com entre 18 e 20 €.

Máis