Detalles do eventos
A Orquestra Vigo430 volve a ofrecer un gran concerto a próxima semana. Desta volta, a Concetedral-Basílica de Santa Maria de Vigo (Colexiata) será a localización onde interpretarán
Detalles do eventos
A Orquestra Vigo430 volve a ofrecer un gran concerto a próxima semana. Desta volta, a Concetedral-Basílica de Santa Maria de Vigo (Colexiata) será a localización onde interpretarán un programa nomeado “O canto das musas”, centrado nas obras barrocas de Haendel e Vivaldi.
O segundo concerto da tempada 20 aniversario da Orquestra Vigo 430 será o venres 28 de febreiro con entrada gratuíta ata completar aforo e contará con dúas convidadas expertas no repertorio: a violinista Anna Uprina e a soprano Aurora Peña.
Sobre a Orquestra Vigo 430
A Orquestra Vigo 430 converteuse nos seus xa máis de 20 anos de vida nun referente no panorama musical de Vigo. Iniciada como unha pequena orquestra de corda baixo o nome de Ensemble Vigo 430, a agrupación evolucionou significativamente, consolidándose como un proxecto versátil e de prestixio. Este traxecto comezou cunha visión clara: crear un proxecto de música clásica en Vigo que fose moderno e diferenciador, atraendo a músicos e solistas de renome internacional e ofrecendo unha apaixonante programación innovadora e de calidade.
Case dende os seus inicios, a Orquestra Vigo 430 recibiu o apoio e sustento económico do Concello de Vigo, o que permitiu o seu funcionamento profesional e ser admitida como membro adherido da Asociación de Orquestras Sinfónicas Españolas (AEOS), a pesar do seu escaso orzamento. Vén colaborando de forma ininterrompida desde 2013 con “Amigos da ópera de Vigo”, interpretando as óperas máis célebres do repertorio, colaborando con grandes directores e solistas deste xénero. Ademais, estreou numerosas obras de compositores galegos, tanto novos como consagrados.
A orquestra mantén unha estrutura flexible que lle permite adaptarse a diversas formacións, dende cuartetos ata grandes sinfónicas. Esta flexibilidade é clave para o seu modelo de funcionamento, baseado en encontros periódicos, o que permite un resultado variado e de moi alta calidade musical. A misión da Orquestra Vigo 430 é clara: establecerse como o proxecto de música clásica de referencia en Vigo, ofrecendo concertos que non só atraian aos amantes da música clásica, senón que tamén capten o interese de novas audiencias.
Máis
Hora
28 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Concatedral de Santa María
Praza Igrexa, 10, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual