Augusta

04xuñ20:00Orquestra Vigo 430CONCERTOS | De balde20:00 Auditorio Municipal do Concello

Orquestra Vigo 430

Tras o éxito do primeiro concerto, a OV430 presenta este venres «Tormenta e paixón», a segunda cita do Ciclo de Primaveira 2021. Nesta ocasión, o concerto terá lugar no Auditorio do Concello a partir das 20:00 horas. A entrada será gratuíta e, o aforo, reducido respectando as medidas de seguridade.

A OV430 contará para iso coa presenza da destacada solista francesa Marie Chilemme (viola), que dende o pasado 2019 forma parte de Ébène, un dos cuartetos de corda máis prestixiosos do mundo, co que gravou a integral dos cuartetos de Beethoven en diversas salas do panorama internacional. Á batuta, nesta ocasión, volverá situarse Isabel Rubio, directora asociada da OV430. 

Máis

Hora

(Venres) 20:00

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X