Orquestra KV2211: Día da música
Detalles do eventos
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo,Kv2211 festexa o Día Europeo da Música, –que oficialmente é o 21 de xuño–, cun concerto didáctico no Auditorio do Concello de Vigo, o domingo 18
Detalles do eventos
A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo,Kv2211 festexa o Día Europeo da Música, –que oficialmente é o 21 de xuño–, cun concerto didáctico no Auditorio do Concello de Vigo, o domingo 18 de xuño ás 12 horas e que conta coa colaboración do Concello de Vigo. A Orquestra bautizou este concerto co nome “De puntos e liñas” e baixo a dirección do mestre Javier Viceiro-Filgueira, convidado pola sección Xuvenil da Kv2211, realizará un percorrido ao longo da historia da escritura musical para a orquestra de cordas.
Ademais, a sección Xuvenil da Kv2211 acompañará, por primeira vez, a solistas de instrumentos de vento e percusión; concretamente de Fagot, Frauta e Vibráfono con pezas de Antonio Vivaldi, Wolfgang A. Mozart e Dimitri Shostakovich, un paso máis na aprendizaxe orquestral dos mozos músicos.
O mestre convidado da OX, Javier Viceiro-Filgueira, explica que “os obxectivos perseguidos a través deste programa son, principalmente, dous. Por unha banda, realizar unha moi breve achega aos diversos estilos musicais, a través da observación, dun xeito sinxelo, das principais características dalgúns autores representativos das etapas históricas principais”, indica. E, por outra, explorar novas sonoridades dentro da orquestra de cordas. “Coa programación de obras para instrumentos solistas das familias instrumentais de vento e percusión, os integrantes da Kv2211 deben entrar en contacto con novas variantes dos 5 parámetros técnicos básicos (articulación, afinación, dinámica, agósica e balance sonoro)”, engade.
Pola súa banda, a sección Infantil da Kv2211, baixo a dirección de José M. Fernández, abrirá o concerto, cun repertorio ameno e divertido enfocado aos máis cativos e a un público familiar.
Este concerto polo Día Europeo da Música da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211, forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo e que comezou en 2022 cun Concerto de Nadal celebrado no Auditorio do Concello de Vigo.
Máis
Hora
18 xuño, 2023 12:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Municipal do Concello
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes