REVISTA ABRIL

Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211

19xuñ12:00Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211CONCERTOS | De balde12:00(GMT+02:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O 21 de xuño festéxase en toda Europa o Día da Música. A
Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, adianta a celebración ó vindeiro domingo 19 de xuño cun concerto que terá lugar no Auditorio Municipal do Concello de Vigo ás 12 horas, grazas á colaboración do Concello de Vigo. A Orquestra bautizou este concerto como “B&B” porque o mundo da música está cheo de grandes Bes. Dende o gran Bach pasando polo impulsivo Beethoven, que nos deixou a marabillosa Sinfonía 9 da que precisamente Europa adoptou o seu IV movemento como himno de liberdade, tamén coñecido como “Himno á alegría”, ou o romántico Brahms que levanta paixóns… e moitos máis compositores. Máis preto no tempo lembramos aos Beatles que estarán presentes no concerto do domingo cun Concerto Grosso basado en temas dos de Liverpool e que ainda escoitamos. É precisamente a orixinalidade destas composicións o que máis chama a atención dos propios xóvenes instrumentistas que as interpretarán. O concerto do domingo comezará como xa é habitual coa Orquestra Infantil que, baixo a dirección de Raquel Fernández, interpretará un repertorio ameno y divertido enfocado sobre todo aos máis cativos. A continuación actuará a Orquestra Xuvenil, dirixida por José M. Fernández, con obras de Tchaikovsky, Dragonetti e Grieg, entre outros. A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo Kv2211 constituíuse no ano 2017 e actualmente está formada por 60 músicos de corda, percusión e piano de Vigo, Tui, Porriño, Nigrán, Baiona, Gondomar, Santiago de Compostela, Mos e Ourense.

MÚSICA POLAS PARROQUIAS

Este concerto polo Día Europeo da Música da Orquestra Infantil e Xuvenil Kv2211, forma parte da programación musical da Orquestra que conta coa colaboración do Concello de Vigo e que comenzou en 2022 cun Concerto de Aninovo celebrado no Auditorio do Centro Cultural de Beade. O próximo concerto terá lugar despois do verán nunha parroquia de Vigo ainda por determinar e dentro do ciclo “Música polas parroquias” da Orquestra Kv2211 co que se pretende achega-la música clásica a tódalas zonas de Vigo e especialmente a familias e nenos. Asemesmo, a Orquestra mantén aberta a incorporación de novos membros –instrumentistas de corda de entre 8 e 22 anos de idade– para comenzar no mes de setembro.

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events