ON THE TABLE
Detalles do eventos
5 xullo – 15 setembro 2024 ON THE TABLE ten a súa orixe na iniciativa titulada The Table Project, un proxecto do artista Isidro
Detalles do eventos
5 xullo – 15 setembro 2024
ON THE TABLE ten a súa orixe na iniciativa titulada The Table Project, un proxecto do artista Isidro Blasco. Impulsado no ano 2020, tras o seu regreso de Nova York, The Table Project parte do reencontro coa tradición artesá na que medrou e do traballo de seus pais, os ceramistas Arcadio Blasco e Carmen Perujo, fundadores do mítico taller “La Mina” en Majadahonda nos anos sesenta.
A primeira mostra xurdiu da idea de reproducir os deseños orixinais dunhas mesas dos anos cincuenta, co fin de habilitar a Casa-Taller Arcadio Blasco en Mutxamel (Alacante) e conservar o seu legado. Durante o desenvolvemento do proxecto, púxose de manifesto o gran potencial do deseño e dos procesos de produción da cerámica tradicional en relación coas obras máis contemporáneas. Así, The Table Project converteuse en punto de encontro entre diferentes artistas, que reinterpretaban o deseño orixinal e producían a súa propia peza.
ON THE TABLE reúne de novo un grupo de artistas en torno á cerámica, esta vez tomando como punto de partida a olaría. As formas deseñadas por Isidro Blasco, xunto ao torneado de Juan Carlos Fernández –oleiro de Puente del Arzobispo pertencente á 6ª xeración de artesáns– ofrecen o mellor lenzo en branco para que cada artista interveña sobre unha serie de cerámicas diferentes na súa forma e tamaño, todas elas realizadas en barro vimbio e cocidas a 1.000ºC con terminacións de esmaltados transparentes e opacos.
Virginia Frieyro, Montserrat Gómez Osuna, Din Matamoro, Teresa Moro, Sandra Rein e Luis Salaberría foron traballando sobre pezas de distintos formatos, interpretándoas e creando as súas propias coleccións.
luns | Pechado |
martes | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
mércores | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
xoves | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
venres | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
sábado | 11:00–14:30, 17:00–21:00 |
domingo | 11:00–14:30 |
Máis
Hora
5 xullo, 2024 11:00 - 15 setembro, 2024 21:00(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra