REVISTA ABRIL

Ollo, lóstrego!

29abr21:30Ollo, lóstrego!CONCERTOS | Desde 5,00€21:30(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

O grupo galego de rock, Ollo, lóstrego! estará en concerto na sala Kominsky o venres 29 de abril ás 21:30h, presentarán o seu último traballo ‘Habitat‘.

O trío galego de rock con tintes postrock e certas influencias do rock alternativo e progresivo entre outras,
formado por Simón, Noel e Marcos a comezos do ano 2019 en Vigo. É un proxecto no que tratan de conxugar unha gran variedade de influencias musicais, non necesariamente centradas no rock, evitando encaixar nalgún estilo ou tendencia concreto para poder expresarse musicalmente da forma máis libre posible. Nas súas letras falan da natureza e da relación humana co seu entorno. En febreiro de 2022 publicaron “Hábitat” un EP de 5 temas, completamente autoproducido e masterizado por Álvaro Gallego (Agmastering).

Máis

Hora

(Venres) 21:30(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events