REVISTA ABRIL

Obradoiro infantil 'Un refuxio propio'

16dec18:00Obradoiro infantil 'Un refuxio propio'PEQUERRECHOS | De balde18:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O MARCO organiza un fin de semana moi especial para o público máis novo, na compaña de catro das artistas participantes na exposición FUTURE STORIES.

O venres 16 hai o obradoiro ‘Un refuxio propio’, conducido por Raquel Álvarez Méndez e Lucía Perdiz Dávila.

Nas salas de exposición, e na compaña das artistas, analiza as súas obras con especial atención aos materiais utilizados, as súas texturas e as sensacións que transmiten. Falan da idea de refuxio en diversas culturas, as súas características e dimensións, a súa configuración de xeito individual, e dentro dunha sociedade. No taller, a partir de materiais téxtiles, emprenderedes a construción colectiva dun refuxio. Adaptándovos ao espazo, e utilizando os recursos xa dispoñibles na sala (mesas, cadeiras, paredes…) iredes ensamblando os distintos elementos, reflexionando sobre o concepto de arquitectura téxtil, e de espazo habitable, a partir de elementos existentes na nosa contorna cotiá.

Idade: entre 7 e 12 anos
Horario: de 18h a 20h

Inscrición previa no tel. 986 11 39 00 ext. 100 / email recepcion.marco@gmail.com / ou persoalmente en taquilla

Máis

Hora

(Venres) 18:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events