VIALIA
ARRIBADA

Obradoiro decoración de Nadal

02dec17:30Obradoiro decoración de NadalACTIVIDADES PARA O COCO | 55,00€17:30(GMT+01:00) Lapis de Buxo

Detalles do eventos

Este ano, dálle un toque persoal á túa decoración do Nadal. Engade na mesa unha bandejita que sexa única e especial; ilumina o espazo cuns portavelas deseñados por ti; ou déixalles aos Reis Magos ese traguito de sempre nuns vasiños personalizados.

No taller deseñaremos pequenas pezas do Nadal: cuenquitos, portavelas, adornos para a árbore ou para complementar os teus agasallos… o que prefiras; e engadirémoslles a decoración que máis che guste.
Ao acabar, cando as creacións que realizásemos estean completamente secas, esmaltareinas e tras pasar polo forno cerámico, poderás recoller as túas pezas para engadilas á túa decoración do Nadal.

Máis

Hora

2 decembro, 2023 17:30(GMT+01:00)

Localización

Lapis de Buxo

R. da República Arxentina, 17, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events