VIALIA
ARRIBADA

Obradoiro 'Corporalidade diversa'

13dec18:00Obradoiro 'Corporalidade diversa'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00) A Morada

Detalles do eventos

Este obradoiro esta dirixido a toda aquela persoa que se identifique ou non co colectivo disca maior de 18 anos. Nel trataranse temas como o auto-concepto, a corporalidade e como inflúe a sociedade na nosa percepción

Así o obradoiro ten un dobre propósito. Por unha parte pretende visibilizar a loita anticapacitista e como o capacitismo afecta á vida das persoas discas e, por outra banda, crear un espazo de seguranza no que as persoas participantes poidan expresar os seus sentires sen prexuízos nin invalidacións.

A sesión dividirase en dúas partes. Na primeira, a dinamizadora realizará diferentes actividades nas que se traballará o auto-concepto e posteriormente abrirase un espazo de debate e encontro.

Actividade facilitada por Julia González Alonso

Máis

Hora

13 decembro, 2023 18:00(GMT+01:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events