
Detalles do eventos
‘Verdecer: Oasis Urbanos’ é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común
Obradoiro 'Verdecer: Oasis Urbanos'
‘Verdecer: Oasis Urbanos’ é unha actividade cuxo obxectivo principal é que a infancia e a adolescencia estean presentes de forma activa nos procesos de construción do espazo común (praza, barrio, cidade) tomando conciencia da importancia da natureza e os elementos vexetais, así coma os seus beneficios nas nosas vidas e nas nosas cidades. Neste obradoiro aproximarémonos aos conceptos de arquitectura sostible e arquitectura bioclimática a través do xogo; dotando aos máis pequenos das ferramentas necesarias para desenvolver a súa creatividade e co fin de espertar interese polo mundo que nos rodea.
Idade: A partir de 5 anos
Aforo limitado, prazo de inscrición a partir do 1 de decembro a través do correo bpneiravilas@vigo.org ou chamando ao 986 267 759.
Luns 27 ás 11:00
Máis
(Luns) 11:00
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra