
Detalles do eventos
O 5 de novembro, o ciclo de cinema de Saramago mostra a película máis íntima e persoal, o documental ‘José y Pilar’ (2010), de Miguel Gonçalves Mendes. A
Detalles do eventos
O 5 de novembro, o ciclo de cinema de Saramago mostra a película máis íntima e persoal, o documental ‘José y Pilar’ (2010), de Miguel Gonçalves Mendes. A película acompaña a vida do escritor e a súa muller Pilar do Río na súa casa de Lanzarote. O ritmo de traballo, o pensamento de Saramago e a súa acción política están presentes en está emotiva película.
O invitado desa noite será o escritor e director xeral da editorial Galaxia, Francisdo Castro.
SINOPSE
Historia da relación entre o Premio Nobel de literatura José Saramago (1922-2010) e a súa esposa, a xornalista española Pilar do Río. Retrata a súa vida cotiá en Lanzarote e Lisboa, na súa casa e nas súas viaxes por todo o mundo, durante o últimos catro anos de vida do escritor portugués.
Máis
Hora
5 novembro, 2022 19:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra