CAMELIAS NADAL

O SOLAR DA POMBA

28xuñ(xuñ 28)10:0031dec(dec 31)20:00O SOLAR DA POMBAARTE E MUSEOS | De balde(xuño 28) 10:00 - (decembro 31) 20:00(GMT+02:00) Canellón da Pomba

Detalles do eventos

O SOLAR DA POMBA é un proxecto fotográfico de Alfonso Durán que xurdiu do seu interese por documentar e visibilizar o traballo que está a realizar Emaús no barrio no que vive. Neste proxecto, o autor desprega a súa capacidade de conceptualización dunha iniciativa de calado comunitario impulsada por Emaús. Unha idea que naceu hai dous anos, grazas á implicación veciñal e cidadá e, en especial, ás persoas acompañadas pola entidade en Vigo. A exposición, feita realidade grazas á colaboración de Alfonso e de VERDE, foi inaugurada o pasado venres 28 de xuño no marco da Verbena da Pomba, evento organizado por Emaús co obxecto de crear espazos de encontro entre persoas con diferentes realidades que doutra forma sería imposible que se coñecesen. Para saber máis do Solar da Pomba e da verbena pódese seguir a @quepasanobarrio

A exposición estará dispoñible de xeito indefinido

Máis

Hora

28 xuño, 2024 10:00 - 31 decembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Canellón da Pomba

Cjón. Pomba, 2, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events