O PREZO DA REBELDÍA FRONTE Á VIOLENCIA
Detalles do eventos
A autora Charo Valcárcel convídanos á conversa O PREZO DA REBELDÍA FRONTE Á VIOLENCIA, con Chis Oliveira, sobre o seu libro “FUNÁMBULAS” Charo naceu na Estrada
Detalles do eventos
A autora Charo Valcárcel convídanos á conversa O PREZO DA REBELDÍA FRONTE Á VIOLENCIA, con Chis Oliveira, sobre o seu libro “FUNÁMBULAS”
Charo naceu na Estrada (Vinseiro) en maio de 1960 e estudou Filoloxía Hispánica en Compostela. No IES Valle Inclán de Pontevedra, onde é docente, fundou no ano 2005 xunto con outros compañeiros o Grupo de teatro Argallada co cal realizou máis de dez montaxes diferentes ata a actualidade.
Obtivo recoñecementos como o 1o ACCÉSIT de poesía no Certame Manuel Oreste Rodríguez, e foi finalista no Certame Micropoesía da Chaira (As Vilariñas) no 2017, no Microcatro relato en Vigo no 2018, no 1o PREMIO DE RELATO CURTO no Certame Terras de Chamoso no 2019, e no 2022 obtén o 1o PREMIO de poesía no Certame Rosa de Cen Follas.
Participou en publicacións colectivas como as revistas Furman (2020) e Xistral (2021). Nos anos 2021, 2022 e 2023 formou parte das Colectáneas de Poesía luso-española: Cultura sen fronteras, Abraço de Culturas e a Colectânea Luso/Galaica Histórias de Encantar.
En decembro de 2021 publicou o seu primeiro poemario: “Cando os bosques sintan frío”, por Medulia editorial. Desde o ano 2020 participa como co-fundadora e colaboradora no blog “De vella a bella” con sede en Pontevedra.
Máis
Hora
7 xuño, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
A Morada
R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra