O museo Marco celebra unha xornadas sobre o traballo gráfico de Castelao
Detalles do eventos
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comeza o 2025 poñendo o foco no Ano Castelao, cando se cumpre o 75º aniversario do seu pasamento. Castelao grafista –que trae
Detalles do eventos
O MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo, comeza o 2025 poñendo o foco no Ano Castelao, cando se cumpre o 75º aniversario do seu pasamento. Castelao grafista –que trae ao presente o proxecto expositivo e editorial do mesmo nome levado a cabo en 2017– reúne obras e documentación sobre o seu traballo gráfico, con especial atención ás primeiras edicións dos seus libros, a exemplos clave como a Revista Nós ou a serie Cousas da vida, e ao seu compromiso político. A mostra funciona tamén como pano de fondo para unhas xornadas arredor da súa figura, coordinadas por Ramón Rozas, co obxectivo de facer balance da obra e pensamento de Castelao, 75 anos despois daquel mes de xaneiro de 1950.
PROGRAMA
Martes 14 xaneiro ás 19.30
Pilar García Negro e Carlos L. Bernárdez
Xoves 23 xaneiro ás 19.30
Ana Acuña e Kiko da Silva
Martes 28 xaneiro ás 19.30
Montse Fajardo e Ángeles Tilve
Castelao grafista é un proxecto que pretende difundir a obra e o pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, Galicia, 29 xaneiro 1886 – Bos Aires, Arxentina, 7 xaneiro 1950). Nace cando a Real Academia Galega de Belas Artes (RAGBA) decide, por unanimidade, dedicar o Día das Artes Galegas de 2016 a Castelao. Miguel Fernández-Cid, académico e nesa altura director da Fundación Gonzalo Torrente Ballester, propón unha revisión da súa obra plástica na que se sinala a peculiar relación entre pintura e ilustración: ao principio, Castelao traslada imaxes dende a primeira á segunda e, en 1945, cando quere pintar o seu testamento pictórico, leva a unha tea de gran formato unha estampa de guerra realizada en 1937.
Máis
Hora
14 xaneiro, 2025 19:30(GMT+01:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes