O mercadiño
14dec10:0014:30O mercadiñoFESTIVAIS E FEIRAS | De balde10:00 - 14:30(GMT+01:00) Local Emaús
Detalles do eventos
Para quen esté na procura dos agasallos do nadal e desexe algo especial e diferente, resulta obrigatoria a visita ao mercado mensual solidario organizado por
Detalles do eventos
Para quen esté na procura dos agasallos do nadal e desexe algo especial e diferente, resulta obrigatoria a visita ao mercado mensual solidario organizado por Emaús de venda de artigos de 2ª man. Artigos recuperados por persoas en situación de dificultade social e colaboradoras da entidade en talleres que procuran o fomento da reutilización e o comercio responsable.
O Mercadiño celebrarase o vindeiro sábado 14 de decembro entre as 10:00 e as 14:30 no Local de Emaús na rúa Doctor Cadaval, nº 30 de Vigo. Un espazo singular cheo de vida e de bo ambiente no que pasar un rato na procura de roupa, mobles, artigos de bazar, libros e pequenas curiosidades que libráronse de rematar no lixo, converténdose en recursos de gran valía medioambiental, social e económica.
Contaremos coa música ambiente de músicos locais que nos acompañarán en directo a partir das 12:00.
En definitiva, unha aposta polo fomento da economía solidaria e circular e a xeración de espazos de encontro totalmente imperdible!
Máis
Hora
14 decembro, 2024 10:00 - 14:30(GMT+01:00)
Localización
Local Emaús
Rúa do Doutor Cadaval, 30, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualfebreiro
Séguenos nas redes