Este é un evento repetitivo11 decembro, 2024 19:00
Elise Hall Jubilee
Detalles do eventos
Entre o 9 e o 13 de decembro celebrarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo o Xubileo de Elise Hall. Durante o 2024 celebráronse
Detalles do eventos
Entre o 9 e o 13 de decembro celebrarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo o Xubileo de Elise Hall. Durante o 2024 celebráronse numerosos actos por todo o mundo poñendo en valor o papel da saxofonista Elise Hall, quen deixou un legado que marcou o desenvolvemento da música clásica e en particular da música para saxofón.
Durante esta semana estarán a visitar o conservatorio profesores e alumnos de saxofón de diferentes de países
(Italia, EE. UU., Países baixos e Estonia). Durante toda a semana poderemos gozar de concertos, conferencias e exposicións que nos achegarán á incombustible pioneira que foi Elise Hall.
En 2024 cúmprese o centenario do falecemento de Elisabeth Boyer Coolidge-Hall, Elise Hall, unha bostoniana, pero francesa de nacemento, destacada muller da Alta Sociedade da cidade dacabalo de finais do S. XIXI e o XX. Elise, casada cun prestixiosos cirurxián, sufriu unha enfermidade pulmonar, cuxo tratamento lle levou á práctica do saxofón, e que, desde entón, consagrou a súa vida á música e a promover o seu instrumento. Presidenta do Boston Orchestral Club, baixo a dirección artística do oboísta francés George Longy, en ausencia dun repertorio para o seu instrumento para poder tocar co seu grupo, encargou, pagou e, en moitos casos, estreou un total de 24 obras orquestrais ou camerísticas nas que o saxofón era, por vez primeira, protagonista. Grazas ás súas conexións con Francia, moitos destes encargos foron feitos a algúns dos máis destacados compositores da época, como D’Indy, Schmitt, Caplet, ou Claude Debussy, sumando un total de tres Premios Roma á nómina. Seguindo as tendencias do momento, moitas desas pezas tenden ao exotismo, tal como podíao entender un francés da época, con temas orientais, arabescos ou de cor española, nos que o saxofón podía facer brillar o seu potencial lírico, con títulos como Divertimento Espagnol, Legende, Fantasie Arabique ou, no caso de Debussy, Rhapsodie Mauresque, a primeira obra realmente significativa do instrumento e que serviría para definir un carácter e unha estética para os compositores vindeiros. Nun tempo no que, mesmo na sempre avanzada Francia, o rol das mulleres reducíase basicamente ao ámbito doméstico, Elise Hall enfrontouse ás dificultades de ser unha intérprete amateur, americana, e muller, cuxo instrumento, naquel momento, estaba reducido á esfera das bandas militares e aos espectáculos circenses. Aínda así, foi a primeira persoa en interpretar un concerto como solista con Orquestra en París, e a segunda no mundo, o que sería decisivo para o devir do instrumento, e que ocorreu grazas aos contactos e o diñeiro da señora Hall.
Estimulados polo saxofonista francés Nicolas Prost, durante este 2024 están a realizarse diferentes proxectos ao redor do Orbe para conmemorar a figura e o legado de Elise Hall, engadindo unha imprescindible perspectiva de xénero á historia do instrumento. Desde o Conservatorio Superior de Música de Vigo, quixémonos sumar á celebración coa organización dun proxecto que involucra a once Conservatorios Superiores Europeos, con máis de corenta alumnos e once profesores (catro deles do CSMVigo) vindos de toda Europa e os EEUU, grazas a un programa de mobilidade Erasmus de curta duración. Entre as actividades propostas, atópanse clases maxistrais, clases de música de cámara, conferencias e exposicións, recitais e concertos. Algunhas destas actividades viñéronse desenvolvendo durante o mes de novembro de forma telemática, e culminarán con cinco días, do 9 ao 13 de decembro, de actividades presenciais no Conservatorio Superior de Música de Vigo, nas que participasen algúns dos máis importantes solistas do panorama internacional do saxofón. Realizaranse cinco estreas de composicións encargadas para o evento a destacadas mulleres do panorama actual, como Beatriz Arizmendi, Laura das Heras, Nuria Sánchez, a italiana Eleonora Altea, ou a viguesa Gloria Rodríguez. Ademais, se estrenerán cinco revisións das obras encargadas por Elise Hall para diferentes formacións, dúas delas polo Dr.
Pablo Rodríguez, profesor do CSMVigo. O venres 13 verán a luz tres destas revisións para solista e ensemble de saxofones, dirixidas polo tamén profesor do CSMVigo Javier Viceiro.
Non todo vai ser saxofón durante esta semana no CSM de Vigo. O martes 10 celébrase o Bustehude Fest!
Os alumnos da aula de clave do CSM e o seu profesor Diego Ruenes Rubiales ofrecerán unha charla-concerto centrado na música para clave de D. Buxtehude, unha das figuras máis importantes da música alemá para teclado do século XVII.
A actividade realizarase na aula polivalente do Conservatorio Superior de Música de Vigo ás 17:30 horas con entrada gratuíta. O concerto repetirase o día 11 de decembro ás 18:00, na aula de Lecer do CMUS de Ourense, en colaboración co departamento de música antiga do Conservatorio Profesional de Ourense.
Máis
Hora
10 decembro, 2024 19:00 - 20:00(GMT+01:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes