VIALIA
GIRANDO POR SALAS

Este é un evento repetitivo

IV Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de Vigo

18mar20:00IV Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de VigoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

O Ciclo de Montaña, Medio Ambiente e Cambio Climático Cidade de Vigo, na súa cuarta edición, busca visibilizar, apoiar e aprender de dúas montañeiras empoderadas e da experiencia de dous científicos implicados nos estudos sobre o impacto antropoxénico no planeta. Ademais, o contido deste ano xira, en parte, ao redor das consecuencias económicas que xera o cambio climático, buscando concienciar sobre canto teñen que investir os gobernos en realizar adaptacións ao novo contexto. Terá lugar os días 18, 19 e 20 de marzo ás 20:00 h no Auditorio Municipal, con entrada gratuíta.

A programación do ciclo é a seguinte:

Martes 18 de marzo: As expertas alpinistas e escaladoras Nieves Gil e Laia Duaigües abordarán o tema da amizade como factor fundamental para unha boa escalada na súa proxección titulada “A AMIZADE, O ESENCIAL PARA UNHA BOA ESCALADA”. Terá unha duración dunha hora onde compartirán as súas conquistas en montañas como a norte do Eiger, Fitz Roy, Torres del Trango, Yosemite, Jorasses ou o Valle del Aksu, Kyrguistan, sendo presentadas por Katya Sanz (directora da EGAM). Queren resaltar valores como a montaña, a escalada e o compañeirismo.

Mércores 19 de marzo: O investigador do CSIC e docente Fernando Valladares desenvolverá o tema do DECRECEMENTO, CARA A NOVA PROSPERIDADE. Valladares, con gran presenza nos medios, explicará a necesidade de reorientarnos cara a unha solución ante o rumbo actual. Segundo Valladares, “o decrecemento é inevitable, só podemos planificalo ou deixar que sobrevenga”.

Xoves 20 de marzo: O catedrático de economía da Universidade de Vigo, Xabier Lavandeira, falará do custo do cambio climático coa pregunta CANTO NOS CUSTA O CAMIO CLIMÁTICO?. Investigador de prestixio internacional e membro do consello científico do Real Instituto Elcano, buscará concienciar sobre o impacto económico do cambio climático, un factor clave para impulsar cambios e prepararnos para o futuro.

Segundo Cristina Fernández, secretaria do Club Peña Trevinca, cada unha das conferencias nos tres ciclos anteriores contou coa participación de duascentas persoas.

Historia do Club Peña Trevinca

O Club Peña Trevinca foi creado arredor de 1944 por Gonzalo Gurriarán, un médico represaliado despois da guerra de 1936 que buscaba conectar aos “perdedores” e fomentar o asociacionismo naturalista deportivo fóra da rede oficial, potenciando as belezas naturais galegas, especialmente a montaña, dunha forma interdisciplinar. Ao seu redor aglutinou a un grupo de vellos e novos montañeiros vigueses, pioneiros do asociacionismo deportivo en Galicia, así como a integrantes do Centro Excursionista Galego, antigos compañeiros da Residencia de Estudiantes e diversas elites atraídas por un proxecto moderno e interdisciplinar que incluía sendeirismo, coñecemento deportivo do medio montañeiro e divulgación histórica, da flora e da fauna. Desde os seus inicios, o club incorporou actividades multidisciplinares grazas á visión de Gurriarán, contando coa cobertura científica de profesores da Universidade de Santiago, a divulgación xeolóxica e deportiva de Francisco Hernández Pacheco e a visión intelectual galeguista de Ramón Otero Pedrayo. Ao longo dos seus oitenta anos de existencia, máis de seis mil persoas pasaron polo club, que hoxe en día mantén unha base social estable de ao redor de 800 socios e continúa organizando diversas actividades de montañismo, sendeirismo, escalada e esquí.

Máis

Hora

18 marzo, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events