
O Centro Comercial Camelias busca fans de Nintendo para bater o Record Guiness polo Entroido
Detalles do eventos
O luns 3 de marzo o Centro Comercial Camelias celebrará a súa festa de Entroido cunha temática especial dedicada ao universo Nintendo e cun ambicioso
Detalles do eventos
O luns 3 de marzo o Centro Comercial Camelias celebrará a súa festa de Entroido cunha temática especial dedicada ao universo Nintendo e cun ambicioso obxectivo: romper o Récord Guinness da maior cantidade de persoas disfrazadas de personaxes de Nintendo. Para alcanzar este récord, Camelias necesita unha gran participación de persoas que acudan disfrazadas de calquera personaxe e se sumen ao cálculo oficial ás 19:30h.
Desde o venres 28 de febreiro, Camelias ofrecerá unha programación repleta de actividades para toda a familia. Entre elas, un torneo de Super Smash Bros (inscrición aquí) e un espazo de retro gaming con consolas e merchandising a cargo de Ourizo Azul e Kitsune Arcade. O sábado 1, os peques a aprtir de seis anos poderán gozar, ademais, dun taller infantil para crear as súas propias máscaras inspiradas en Nintendo da man de Papeliños (preme aquí para inscribirte).
O gran evento do luns contará cun espazo de caracterización guiado por Alicia Gil na planta baixa, unha festa de entroidos con desfile de disfraces, DJ e animado por Rony, e, como punto culminante, o cálculo oficial de disfraces Nintendo. Ademais, haberá moitas outras sorpresas ao longo da celebración.
Programación
Venres 28
16:00h – 20:30 h · Rondas clasificatorias do torneo de Super Smash Bros
Sábado 1
11:00 – 20:30 h · Espazo gaming na planta alta
12:00 h · Taller de máscaras na planta baixa
Luns 3
17:00 a 19:00 h · Caracterizacións con Alicia Gil na planta baixa.
17:30 a 19:30 h · Desfile de Entroido, dj e animación con Rony Macarrony na planta alta.
18:00 h · Semifinal e final Torneo Smash Bros con Ourizo Azul Team na planta alta.
19:30 h · Cálculo oficial de disfraces Nintendo para Récord Guinness na planta alta.
Máis
Hora
28 febreiro, 2025 16:00 - 20:30(GMT+01:00)
Localización
Centro Comercial Camelias
Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra
- Mes actual