VIALIA
ARRIBADA

O auto do Castromil

09dec20:00O auto do CastromilESPECTÁCULOS | 8,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Continúa a programación de Vigocultura no Auditorio do Concello con esta comedia de Producións Teatrais Excéntricas en co-produción co CDG. Con esta proposta Excéntricas gaña o III Concurso de proxectos que convoca a Fundación Manuel
María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galiza. O espectáculo está protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en
anteriores proxectos de Excéntricas.
A obra acontece nunha viaxe onírica a bordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e tal vez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galiza, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas aparece a historia alucinada dun pobo que loita, é derrotado, volve levantar a cabeza e rebelarse de novo. Unha rebelión na que, ás veces, non temos máis armas que o humor e o espírito entroideiro.
O auto do Castromil é unha viaxe en transporte público pola Galiza inconsciente. Está feita con anacos das obras de Manuel María “A rebelión dos baúis” “O Auto dos simulados da Caravilla”, “Unha vez foi o trebón”, “Abril de Lume e Ferro” e
o “Entremés da OTAN”

Máis

Hora

9 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events