REVISTA ABRIL

Visita do Apalpador

22dec17:00Visita do ApalpadorAS NOSAS FESTAS | De balde17:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

O carboeiro máis destacado da tradición galega, coñecido como o Apalpador, está a piques de comezar o seu camiño anual. Baixará dos montes do Courel, lugar onde vive todo o ano, cara os pobos das cidades galegas. A tradición conta que o 23 de decembro ía casa por casa tocándolle a barriga a todos os pequechos para ver se comeran abondo durante o ano e deixándolles un bo puñado de castañas e un agasallo para desexarlles un bo ano cheo de felicidade e fartura con palabras como “así estexas todo o ano”.

Ataviado cunha boina para tapar a cabeza do frío, unha zamarra chea de farrapos cosidos e cargado cun bo saco de castañas, chegará a Vigo con algo de adianto. Será o mércores, 22 de decembro, e estará presente en 3 barrios: Coia, Industria e Casco Vello.

A Coordenadora da Festa do Apalpador de Vigo, composta por varias asociacións e entidades sociais e culturais da cidade, organiza a festa en Coia; da man de As da Bouza e As da Industria na Praza de Eugenio Fadrique; e no Berbés coa Asociación veciñal Casco Vello e o Centro social A Revolta.

Máis

Hora

(Mércores) 17:00(GMT+01:00)