
Iniciación a edición de vídeo
Detalles do eventos
O estudo e escola de fotografía Nukka ofrece formacións intensivas, nas que poderás aprender de forma rápida sobre diferentes técnicas e disciplinas fotográficas.
Detalles do eventos
O estudo e escola de fotografía Nukka ofrece formacións intensivas, nas que poderás aprender de forma rápida sobre diferentes técnicas e disciplinas fotográficas.
Os grupos moi reducidos, polo que as prazas son limitadas e cómpre reservar con suficiente anticipación nesta ligazón. Para consultas, pódese contactar con nukka en candelabalboa@gmail.com ou 652981888. É necesario levar cámara reflex propia.
Sábado 22 de febreiro de 10:00 a 14:00 h – Iniciación edición de vídeo – 105,06 € inscrición aquí.
Curso impartido por Victor Couto, filmmaker e creador da serie Indefinida. O seu traballo céntrase na creación e edición de vídeos e montaxes. No workshop, aprenderás a traballar no programa Davinci. Desde edición de audio, filtros e efectos ata exportación e configuración do programa.
Sábado 25 de marzo de 10:00 a14:00 h – Iniciación a la fotografía infantil – 105,06 € inscrición aquí.
O curso será impartido por Silvia Parada, especializada en fotografía infantil natural e respectuosa. As súas sesións flúen libres de pousados artificiais, buscando capturar imaxes reais e emotivas que reflictan a personalidade de cada familia.
Sábado 26 de abril de 10:00 a14:00h – Dirección creativa en fotografía de moda – 105,06 € inscrición aquí.
Curso impartido por Sofía Pardo, no que abordarase a dirección creativa dun shooting de fotografía de moda, desde a idea orixinal ata a realización da sesión.
Sábado 24 de maio de 10:00 a 14:00 h – Curso Técnico de fotografía de retrato – 105,06 € inscrición aquí.
Impartido por Javier Suarez, neste taller o fotógrafo compartirá o seu método de traballo desenvolvido no campo do sector editorial. Como facer un retrato aproveitando distintos recursos de luz, composición e dirección do retratado. Que coñecementos aplicar a segundo que persoa e aplicar no retrato a linguaxe da moda ou o documental.
Máis
Hora
22 febreiro, 2025 10:00(GMT+01:00)
Localización
Nukka Estudio
Rua Doutor Maranon, 8
Hoxe móvese
- Mes actual