'La guitarra flamenca de Yerai Cortés' con C. Tangana
Detalles do eventos
A semana pasada anunciamos que Antón Álvarez, coñecido artísticamente como C. Tangana, visitaría Vigo estes xoves 30 de xaneiro para presentar o seu filme documental
Detalles do eventos
A semana pasada anunciamos que Antón Álvarez, coñecido artísticamente como C. Tangana, visitaría Vigo estes xoves 30 de xaneiro para presentar o seu filme documental ‘La guitarra flamenca de Yerai Cortés’. Aos tres pases xa anunciados, súmase agora un novo evento nos Cines Tamberlick o mesmo día ás 21:45 h. O directos madrileño, de pai vigués, presentará o filme a continuación terá lugar a proxección. En poucas horas esgotáronse as entradas para o pase nos cines Tamberlick ás 19:25 h e quedan poucas para as dúas presentacións que se celebran nos Cines Yelmo do Centro Comercial Travesía ás 18:00 h e ás 20:20 h. O filme conta con dúas nominacións aos Premios Goya: mellor filme documental e mellor canción orixinal.
Sipnose:
Cando Antón Álvarez, C.Tangana, coñece a Yerai Cortés queda completamente fascinado co seu talento e intrigado pola súa historia familiar. Yerai é unha figura inusual dentro do flamenco; tan respectado polos xitanos máis tradicionalistas como polos artistas vangardistas da nova onda da que el forma parte. Deciden emprender unha viaxe xuntos para gravar un disco no que as cancións veñen marcadas por unha gran pena, onde o propio proceso artístico o enfronta co seu pasado e o empuxa a explorar un segredo familiar a través do cal trata de redimir a relación cos seus pais. O resultado é unha película que desenvolve unha experiencia musical única para mergullarnos nunha historia de paixón, amor e perdón.
Entradas.
Máis
Hora
30 xaneiro, 2025 21:45(GMT+01:00)
Localización
Cines Tamberlick (Plaza Elíptica)
Praza Francisco Fernández del Riego, s/n, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes