Novas incorporacións da arte galega 2015-2020
Detalles do eventos
O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” presenta con esta exposición na Pinacoteca unha selección ampla dos fondos que ingresaron na súa colección de arte galega nos
Detalles do eventos
O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” presenta con esta exposición na Pinacoteca unha selección ampla dos fondos que ingresaron na súa colección de arte galega nos últimos cinco anos.
Maioritariamente estas obras chegaron ao museo por doazón. Ingresaron así conxuntos amplos de autores que ata o de agora non tiñan representación ningunha na colección; destacando o caso do gran artista Tomás Barros que, tras un relativo esquecemento, está a concitar crecente interese por parte da crítica especializada. Xunto a este conxunto preséntanse, dos mesmos doantes, as dúas extraordinarias series de tintas que Isaac Díaz Pardo produciu para os proxectos literarios de Barros.
Coas novas incorporacións outros pintores reforzaron a súa presenza na colección municipal.
É o caso dos grandes paisaxistas Abelardo Bustamante ou Carlos Sobrino; o do pintor compostelán López Garabal; ou do lembrado Xosé Guillermo, pintor con forte proxección en Vigo do cal se presenta un singular autorretrato. Como depósitos temporais o museo ten recibido a confianza de dúas importantes institucións.
Do ámbito estatal o MNCARS, Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía, quen volveu negociar co Quiñones o seu antigo depósito, ofertando magníficos exemplos de Xosé
Freixanes – sen representación na colección ata este momento- ou Colmeiro.
En segundo lugar o Concello de Vigo brindouse a custodiar temporalmente a pequena pero moi interesante colección do Círculo Mercantil de Vigo e da cal se mostra aquí unha selección formada por autores como Lodeiro, Sevillano, Sobrino ou Antonio Fernández.
Horario:
Martes a venres: 18 a 21h
Sábado: 12 a 14 e 18 a 21
Domingo: 12 a 14
Luns pechado
Máis
Hora
14 agosto, 2020 12:00(GMT+01:00)
Localización
Pinacoteca FFR
Rúa Abeleira Menéndez, 8, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualSéguenos nas redes