ASNEVES
REVISTA MAIO

Norma 102 con The Swinging Flamingos

04dec21:00Norma 102 con The Swinging FlamingosCONCERTOS | Entradas esgotadas21:00(GMT+01:00) A Sede RC Celta

Detalles do eventos

Festa en homenaxe a Norma Miller, a Reina del Swing, no 102 aniversario do seu nacemento.

Goza de música en directo a cargo de The Swinging Flamingos e a mellor selección musical da man de Karen Campos McCormack, todo iso no Salón Regio da Sede RC Celta, un salón de baile construído na era do Swing en pleno centro de Vigo.

The Swinging Flamingos está composto por Chus Pazos á batería, Alex Salgueiro no hammond e Toño Otero coma saxo e voz.

Karen Campos McCormack é bailarina de lindy hop, ademais dunha voraz investigadora en temas de música e cultura jazz. Traduciu as Memorias de Norma Miller ao castelán con Editorial Carena, o que lle permitiu coñecer á nosa homenaxeada en profundidade, mesmo persoalmente.

O evento está organizado pola unión de Little Savoy e Swing On, dúas escolas de bailes swing de Vigo que promoven e visibilizan a cultura jazz e swing a través da súa música e os seus bailes.

Sábado 4 ás 21:00

Entradas esgotadas

Máis

Hora

(Sábado) 21:00(GMT+01:00)

Localización

A Sede RC Celta

Sede Real Club Celta de Vigo

Other Events