REVISTA ABRIL

No verán un conto: Som Voltas!

19ago20:00No verán un conto: Som Voltas!PEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza de Independencia

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

VENRES 19 AGOSTO – SOM VOLTAS – SERVANDO E CONTRADANÇA

Grupo de música tradicional basicamente galego-portuguesa que tamén explora ritmos e danzas procedentes doutros folclores. Nos seus espectáculos ao vivo alternan cantigas e danzas tradicionais con sinxelas guías de danza para quen quixer poida participar nelas.

Na praza da Independencia

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Praza de Independencia

Plaza Independencia Praza da Independencia 36211 Vigo Pontevedra

Other Events