REVISTA ABRIL

No verán un conto: O conto de barriga verde

23ago20:00No verán un conto: O conto de barriga verdePEQUERRECHOS | De balde20:00(GMT+02:00) Praza da Miñoca

Detalles do eventos

Nova programación de actividades para este novo “No verán… un conto” que en diferentes espazos do concello achega actividades para pasar un anaco de lecer gozando en familia.

Contadas, teatro de rúa, concertos, danzas, xincanas, obradoiros, xogos populares, regueifas… para compartir, participar, gozar… e garantirlle novas primaveras á lingua galega.

Tamén haberá actividade en lingua de signos.

MARTES 23 DE AGOSTO – O Conto de barriga verde:

Narración oral e monicreques
Idade recomendada: + 4 anos
Fran Rei presenta un novo espectáculo unipersoal que mestura narración oral, humor e maxia: O conto da Barriga Verde. Escrito por Avelino González a partir de tres obras de Manuel María (Barriga Verde, Os soños na gaiola e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela).
O conto da Barriga Verde pretende ser un achegamento á poesía, prosa e teatro do autor lucense a quen se lle dedica o Día das Letras 2016. Nesta sinxela historia, Fiz, un mozo labrego galego, terá que enfrontarse ao Serrador e ao Demo polo namoramento da sempre belida Moza. Coa axuda da maxia do seu padriño Barriga Verde, vello e neno demostrarán ao mesmo tempo que nada é máis forte que o amor verdadeiro. “Aquí sigo: ledo, ufano, satisfeito de estar vivo. Mentras o tempo me gasta: paseo, leo e escribo…!”
(Manuel María, Os Soños na Gaiola, 1968)
Duración: 55 minutos

Máis

Hora

(Martes) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Praza da Miñoca

Rúa Fotógrafo Xaime Pacheco, 24, 36209 Vigo, Pontevedra

Other Events