REVISTA ABRIL

Este é un evento repetitivo

NIGRANJAZZ 

29xul21:00NIGRANJAZZ FESTIVAIS E FEIRAS | De balde21:00(GMT+02:00) A Foz, Ramallosa

Detalles do eventos

O Concello de Nigrán celebra o 29 e 30 de Xullo o XVI Nigranjazz no espectacular escenario ao aire libre do esteiro de A Foz coa presencia dos músicos con maior proxección internacional e na que será, ata a data, a súa edición máis feminina. Así, tres das catro formacións invitadas están lideradas por mulleres: a pianista catalá Lucía Fumero, a guitarrista e compositora letona Ella Zirina e a cantante Eve Cornelius, bandas ás que se suma o guitarrista franco-galego Wilfried Wilde (que tamén conta con mulleres no seu quintento). O cartel foi presentado esta mañá nas instalacións da cervexeira local Banda/Triskale (novo patrocinador do festival) na súa fábrica e punto de venda de Porto do Molle (Rúa do Labrego, 22, Nave 5E) instalacións que acollerán desde o luns 11 de Xullo ao 29 de Xullo a exposición de carteis das 16 edicións (de luns a xoves de 11:30 a 19:00 e os venres ata as 21:30). As tradicionais jam-sessions volverán a celebrarse no propio esteiro de A Foz tras os concertos e a master-class, da que se informará convintemente sobre a inscrición, será a cargo da cantante americana Eve Cornelius o sábado 30 ás 12:30 horas no Auditorio do Concello. 

O guitarrista franco-galego Wilfried Wilde está graduado no Conservatorio Superior do País Vasco, MUSIKENE, e será o encargado de abrir o festival o venres 29 ás 21:00 horas co seu quinteto. Esta será unha despedida de Wilfried de Galicia, xa que se mudará a Suiza tras ser seleccionado para o programa educativo Focusyear, proxecto anual adicado a acadar a excelencia musical mediante a tutorización dos mellores maestros internacionais. A continuación será o turno ás 22:30 da pianista catalá Lucía Fumero co seu trío, Fumero foi galardoada co 1er Premio de Juventudes Musicales de España en Jazz 2020 e é a flamante gañadora do Premio Artista emergente 2021 pola Plataforma Jazz España.

A segunda xornada, sábado 30, abrirá ás 21:00 horas coa guitarrista e compositora letona Ella Zirinae, graduada recentemente en Amsterdam cos máis altos honores e actualmente traballando con BIMHUIS en Amsterdam para o proxecto “Young Starters”, así como co JazzFest Amsterdam para o proxecto “Young Makers” . Pola súa banda, a cantante americana Eve Cornelius porá o broche de ouro ás 22:30 horas cunha voz que recorda totalmente ás grandes divas do jazz, soul e el r’n’b. Cornelius gañou o premio BET Jazz Discovery e desde entón traballou con figuras da talla de Ramsey Lewis, Chucho Valdés, Mulgrew Miller, Norman Connors, Roy Hargrove…

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

A Foz, Ramallosa

Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra

Other Events