NIGRANJAZZ
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da Historia do Nigranjazz. Participará o célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen
Detalles do eventos
O Concello de Nigrán ofrecerá o 28 e 29 de xullo a edición máis xuvenil da Historia do Nigranjazz. Participará o célebre guitarrista estadounidense Steve Cardenas, profesor da mítica New School de New York e quen ofrecerá tamén unha master-class.
“Este ano destaca a mocidade dos músicos, moitos deles galegos que se están a formar en Holanda ou Suíza e, que, a súa vez, teñen contacto alí con outros artistas europeos. A través deles, os mellores da súa xeración, os asistentes poderán constatar que o futuro do jazz mundial está en moi boas mans”, destaca Felipe Villar, director do festival e quen desde o principio apostou por mesturar nas formacións do Nigranjazz a músicos internacionais con locais. Deste xeito, unha das xoias desta edición será poder ver o sábado 29 ao guitarrista de Kansas Steve Cardenas (especialista mundial en Thelonious Monk) nunha formación creada ex-profeso para o festival co catalán Simón Osuna ao contrabaixo e do galego David Puime á batería, ambos tamén mozos que non chegan á trintena.
Así, o pianista vigués Suníl López abrirá o festival o venres 28 con Joan Codina ao contrabaixo e Genius Wesley á batería seguido do guitarrista italiano Simone Basile co seu quinteto (Manuel Caliumi ao saxo, Enzo Carniel ao piano, Ferdinando Romano ao baixo e Giovanni Paolo Liguori á batería). O sábado 29 será o turno do trío do saxofonista Miguel Seoane (Mauro Cottone ao contrabaixo e Giacomo Camilletti á batería) e a continuación, o concerto estelar de Steve Cardenas (que tamén ofrecerá unha masterclass o sábado pola mañá no Auditorio Municipal).
Como é habitual, tras cada xornada haberá jam-session no mesmo recinto (o venres a abre o cuarteto do trompetista Gabriel Saitto e o sábado o do guitarrista Martín Verde)
Máis
Hora
28 xullo, 2023 21:00 - 29 xullo, 2023 23:59(GMT+01:00)
Localización
A Foz, Ramallosa
Paseo Torrente Ballester, 56, 36370 Nigrán, Pontevedra
Séguenos nas redes