
Mutacións #4 Entroido Vivo
19feb20:00Mutacións #4 Entroido VivoAS NOSAS FESTAS | 15,00 €20:00(GMT+01:00) MUTA
Detalles do eventos
MUTACIÓNS #4 ENTROIDO VIVO! Unha celebración única onde a tradición, a música e a festa se fusionan para dar viDa a unha noite inesquecible.
Detalles do eventos
MUTACIÓNS #4 ENTROIDO VIVO! Unha celebración única onde a tradición, a música e a festa se fusionan para dar viDa a unha noite inesquecible.
O Entroido é un tempo de transformación e liberdade, e nesta edición reviviremos ese espírito coa forza dos cigarróns, merdeiros e pantallas, que traerán consigo a esencia máis auténtica desta festividade. A música correrá a cargo de Mouchiñas Asociación Cultural O Fiadeiro, creando a atmósfera perfecta para unha noite chea de ritmo e enerxía. E como manda a tradición, brindaremos con viño tinto da D.O. Monterrei acompañado de sabrosos petiscos.
Disfraz ou máscara recomendados para gozar da experiencia ao máximo.
DATA: mércores 19 de febreiro
HORA: 20:00 h.
LUGAR: espazo MUTA, rúa joaquín loriga, 9. Vigo
ENTRADA: 15 €
COMPRA AQUÍ: ENTRADAS MUTACIÓNS #4
Máis
Hora
19 febreiro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
MUTA
MUTA, Rúa de Joaquín Loriga, 9, Santiago de Vigo, 36203 Vigo, Pontevedra