REVISTA ABRIL

Musical Familiar Benéfico Shrek

22abr17:30Musical Familiar Benéfico ShrekESPECTÁCULOS | 8,00€17:30(GMT+02:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

O sábado 22 de ás 17.30h terá lugar no Auditorio do Mar de Vigo o 8º Musical Familiar Benéfico Shrek (adaptación) organizado pola Asociación Aboal en Beneficio de ASDEGAL ONG e do Banco de Alimentos de Vigo.

Despois de dous anos paralizados pola pandemia, volvéronse a mobilizar en Vigo máis de 80 actores e actrices – pais, nais, fillos, fillas, ata avoas/os – para preparar o Musical esperado cada ano, onde toda a cidade ademais de gozar dunha tarde de música, bailes e cancións, colabora de modo solidario con dúas ONG moi activas na nosa contorna: o Banco de Alimentos e ASDEGAL ONG co seu proxecto de Acompañando Soidades.

Un musical realizado coa colaboración do Concello de Vigo, Xunta de Galicia, A Caixa, Aloya.

Máis de 6 meses preparando decorados, vestiarios, actuacións e cancións, por fin dan á luz o musical SHREK cheo de alusións divertidas á nosa cidade que non se poden perder nin maiores nin pequenos.

Con tan só 8€ a entrada e 1Kg de alimentos poderán pasar unha tarde inesquecible. Entradas aquí.

Máis

Hora

(Sábado) 17:30(GMT+02:00)