
Este é un evento repetitivo12 maio, 2025 19:0014 maio, 2025 19:00
Detalles do eventos
O Concello de Vigo conmemora o Días das Letras Galegas 2025 cun programa adicado á música popular e á poesía que se desenvolverá ao aire libre e para
Detalles do eventos
O Concello de Vigo conmemora o Días das Letras Galegas 2025 cun programa adicado á música popular e á poesía que se desenvolverá ao aire libre e para todos os públicos neste mes de maio.
A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á POESÍA POPULAR ORAL, recoñecendo a súa importancia, que acompaña á nosa sociedade desde sempre.
No último terzo do século XX, cos cambios de modelo produtivo que ocasionaron o abandono do medio rural, a transmisión interxeracional nas aldeas foi mudando para o ensino regrado, grazas ao labor dos coros históricos (Cantigas e Agarimos, Cantigas da Terra, Toxos e Flores, Ruada…) e das asociacións culturais (Aturuxo, Eidos, Xacarandaina, Brincadeira, Raigañas de Cerqueda, Arume, Xiradela, Donaire, Fiadeiro…), que promoveron aulas, concursos e exhibicións por todo o país.
Desde finais da década de 1970 non só fixeron traballo de campo recollendo letras e coplas, senón tamén docencia e espallamento de letras, bailes e músicas.
Todos estes colectivos foron axentes no mantemento e transmisión deste legado á sociedade, que tan claramente mostra a identidade colectiva, con múltiples facetas: lingua, música, baile, vestiario. Así, foise espallando entre a xente nova ese tesouro con tan pouca visibilidade social antano e que aínda hoxe require de maior protección institucional como parte do noso patrimonio inmaterial.
O folclore, conxunto de tradicións, costumes e manifestacións artísticas dun pobo, non debe ser contemplado de forma arqueolóxica, senón que na súa propia esencia está a evolucionar e cambiar, é zume que nutre novas formas de expresión. Cómpre volver ás raíces para seguir botando gromos.
Hoxe en día, as Escolas de Música tamén forman parte do eslabón da transmisión oral do noso patrimonio inmaterial, como é o caso da ETRAD. Así, a ETRAD quere sumarse a este recoñecemento facendo unha mostra da súa actividade á cidadanía viguesa na semana previa á festividade do Día das Letras Galegas, os días 12, 13 e 14 de maio (luns, martes e mércores) ás 19:00 diante do edificio do MARCO.
PROGRAMACIÓN
Día 12, diante do Museo MARCO, ás 19:00. Actuacións da ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional).
Esta xornada terá como protagonista a Aula de Canto Popular, xa que é o epicentro da homenaxe deste ano, ademais, participarán aulas de conxuntos da ETRAD.
Estas aulas de conxuntos, como o seu nome indica, son aulas onde conflúen todas as especialidades instrumentais que se imparten na ETRAD, así, nos Conxuntos de Básico, Medio e Avanzado poderemos escoitar un repertorio baseado e inspirado na transmisión oral, arranxado e interpretado para e por zanfonas, violíns, corda pulsada, arpas, acordeóns diatónicos, pandeireteiras, percusión tradicional e gaitas.
– Aula de Canto Popular
– Aula de Arpa Céltica
– Aula de Acordeón
– Conxunto 2 Medio
– Conxunto 2 Básico
Día 13, diante do Museo MARCO, ás 19:00. Actuacións da ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional).
–Aula de Canto Popular
–Conxunto 3 Medio
–Conxunto 3 Básico
–ETRAD Zanfona Ensemble
Día 14, diante do Museo MARCO, ás 19:00. Actuacións da ETRAD (Escola Municipal de Vigo de Música Folk e Tradicional).
-Aula de Canto Popular. Contará coa colaboración do alumnado de baile tradicional da AC Traspés
-Aula Aberta Coro
–Aula Aberta de Pandeireteiras
–Aula Aberta Corda Frotada – Sincopés (Conxunto 2.º Avanzado)
Día 16, na praza do Rei, ás 12:00. Actuación da Escola Municipal de Danza e Percusión Tradicional.
Día 17, na porta do Sol, ás 12:00. Espectáculo poético musical CANTIGAÉVERSO, de Castro & Welicki.
CANTIGAÉVERSO é un espectáculo musical no que catro músicos galegos celebran as Letras Galegas cunha proposta dinámica, moderna e moi participativa para o todos os públicos. Partindo da nosa tradición popular (este ano as Letras están adicadas ás Cantareiras e á Poesía Popular) despregan sobre o escenario unha viaxe sonora sobre a poesía galega musicada, tamén a popular, pero tamén o rock and roll ou o pop.
O concerto comezará, de feito, cuns temas nos que a voz e a percusión tradicional toman todo o protagonismo para, acto seguido, saltar cara propostas máis eléctricas.
É un concerto que celebra as nosas letras, a nosa poesía, a nacida do pobo e tamén a nacida dos grandes escritores escritoras da nosa tradición pero revisitados con ritmos modernos e buscando sempre a implicación do público para cantar cos músicos.
Foto: As Pandeireteiras de Mens durante unha actuación | Fonte: Fondo da Agrupación Folclórica Aturuxo – Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego (MPG)
Máis
Hora
13 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual