REVISTA ABRIL

Música e contos africanos para celebrar o Día de África na Neira Vilas

26mai19:30Música e contos africanos para celebrar o Día de África na Neira VilasESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

A Biblioteca Pública Xosé Neira Vilas, situada na rúa Martínez Garrido nº 21, celebra o Día de África cun concerto de música e danza africana. Esta actividade terá lugar o próximo xoves 26 de maio ás 19,30h no xardín situado na
parte posterior da biblioteca.
Antes do concerto do grupo de Percusión Africana MaliSira, a asociación Provivienda ofrecerá un conto tradicional africano contado por Ismael Sankareh e Emil Bek, que fará a traducción ao español.
O grupo de Percusión Africana MaliSira comeza a xestarse nunha iniciativa por parte da bailarina Itzzy Mousso de facilitar un primeiro curso de Percusión co gran mestre Toumany Diawara no ano 2014. Xa nesa primeira experiencia o percusionista atopa un grupo de persoas moi interesadas na cultura e músicas malianas, coas cales seguirá tendo
forte relación en diversas andainas en Galicia.
Por outra banda os membros do grupo residentes en Vigo e arredores continúan facendo concertos, cursos e traballo de campo sobre o aprendido, ademais de contar cunha ampla traxectoria de máis de 15 anos tocando os instrumentos da tradición Afrikana. Aproveitando as viaxes de Toumany Diawara a Vigo, o que se pretende dende MaliSira é dinamizar a un colectivo de persoas que gosten da música e danza de Malí, aprendendo, partillando e gozando xuntas.

O grupo está formado por:
Jesús Rodríguez: Djembe
Roi Adrio: Djembe
Carlos Docampo: Doundouns
Toumany Diawara: Djembe, Ngoni,
Itzzy Mousso: Danza

O aforamento é limitado.
Data: 26 de maio de 2022
Hora: 19,30h
Todos os públicos

Máis Información:
Biblioteca Pública Municipal Xosé Neira Vilas
Tlf: 986 267 759
mail: bpneiravilas@vigo.org

Máis

Hora

(Xoves) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events