PORTAMERICA
CAMELIAS NADAL

Este é un evento repetitivo

Música clásica na vila romana de Toralla

06ago20:30Música clásica na vila romana de TorallaCONCERTO | De balde20:30(GMT+02:00) Vila romana de Toralla

Detalles do eventos

Actuacións da Orquestra Vigo 450 e a Orquestra Clásica de Vigo dentro do ciclo de concertos do Concello en Villa Solita e o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, que se celebrarán durante os meses de agosto e setembro.

Este ciclo de concertos forma parte das actividades de divulgación e posta en valor do patrimonio histórico promovidas polo Concello de Vigo. Os escenarios escollidos foron o Centro de Interpretación do Mundo Romano de Toralla, que este ano non poderá acoller as representacións do mundo romano e Villa Solita, que repite como escenario de concertos tras o éxito do ano pasado.

En Toralla hai programados catro concertos, un cada xoves de agosto, ás 20:30. Cunha duración aproximada dunha hora e co aforo limitado a 150 persoas sentadas por cada concerto:

  • Xoves 6 de agosto: Orquestra Vigo 430
  • Xoves 13 de agosto: Orquestra Vigo 430
  • Xoves 20 de agosto: Orquestra Clásica de Vigo
  • Xoves 27 de agosto: Orquestra Clásica de Vigo

O público será recibido e guiado ata o seu asento por actores ataviados da época romana, conectando a música coa recreación histórica.

O alcalde precisou que este ano non se celebrarán as habituais representacións teatrais na vila romana de Toralla debido as aglomeracións de xente que se producen nestes eventos. Organízanse estes concertos para continuar achegando o valor patrimonial deste espazo á cidadanía.

A capacidade máxima é de 120 persoas, que se cubrirá por orde de chegada, non sendo posible reservar asentos.

Máis

Hora

6 agosto, 2020 20:30(GMT+01:00)

Localización

Vila romana de Toralla

36390 36390, Rúa de Canido, 105, 36390 Oia, Pontevedra

Other Events