Museo Quiñones de León
Detalles do eventos
O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” é unha institución, dependente do concello de Vigo, encadrada, actualmente, na Concellería de Cultura, Festas e Museos.
Detalles do eventos
O museo municipal de Vigo “Quiñones de León” é unha institución, dependente do concello de Vigo, encadrada, actualmente, na Concellería de Cultura, Festas e Museos.
Ten asignados determinados bens culturais que constitúen as coleccións municipais e HISTORIA da cidade; e a súa sede permanente é o pazo “Quiñones de León”, no parque de Castrelos, propiedade do pobo de Vigo dende a súa doazón, polo Marqués de Alcedo, no 1924.
Ademáis da súa declaración como monumento histórico-artístico, o museo, as súas coleccións, xardíns e o parque de Castrelos, están declarados Ben de Interese Cultural.
Horarios da exposición permanente:
Martes a venres: 10.00 – 14.00 h
Sábados: 17.00 – 20.00 h
Domingos e festivos: 11.00 – 14.00 h
O museo pecha todos os luns do ano, o 25 de decembro e o 1 de xaneiro; ademais das horas e días que determine a celebración de actos oficiais do concello. A efectos de acceso considéranse festivos os días 24, 31 de decembro; e 5 de xaneiro.
A entrada ao museo é libre e GRATUITA.
Acceso a grupos
Recoméndase que, para garantir a súa entrada á hora desexada, os grupos de máis de 20 persoas contacten anticipadamente co museo.
Contacto:
Tels.: (+34) 986 29 50 70 / (+34) 986 29 50 75
Fáx: (+34) 986 23 93 72
Correo electrónico: museocastrelos@vigo.org
Páxina web do museo: https://www.museodevigo.org/index.php
Máis
Hora
1 xaneiro, 2023 00:00 - 31 decembro, 2027 23:50(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes