ASNEVES
REVISTA MAIO

Museo do Mar de Galicia

01xan00:0031dec(dec 31)23:50Museo do Mar de GaliciaARTE E MUSEOS | 3,00 €(xaneiro 1) 00:00 - (decembro 31) 23:50(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

O Museo do Mar de Galicia está emprazado na vella fábrica de conservas Alcabre-Molino de Viento (1887) en Vigo. A renovación da obra arquitectónica é encargada nun primeiro momento a equipa de Aldo Rossi e César Portela; unha vez finado Rossi, as obras rematan no ano 2002, baixo a dirección e a revisión do proxecto orixinal a cargo de César Portela. O edificio resultante mestura vangarda e tradición, formado por un conxunto de cinco naves rehabilitadas, un edificio de nova construción tamén de cinco naves, e a prolongación dun peirao preexistente onde se empraza un acuario e un faro. 

Pesca, acuario e moito máis. O eixo temático que vertebra o museo é a pesca, tratando de achegar unha visión global da mesma, afondando nos fundamentos científicos que rexen a produtividade dos mares e na comprensión dos ecosistemas mariños. A exposición permanente, dividida en dúas áreas temáticas, o mar e a pesca, emprega infografías, textos, videos e pezas para artellar a estreita relación de Galicia coa explotación dos recursos. As instalacións complétanse cunha ampla sala de exposicións temporais, un acuario que reproduce o ecosistema das rías e a musealización  dun  poboado da idade do ferro existente no lugar: O Castro da Punta do Muiño do Vento.

Patrimonio subacuático. A Xunta de Galicia impulsou desde 2006 a investigación do patrimonio subacuático, determinando que o lugar de depósito dos materiais desta procedencia sexa o Museo do Mar de Galicia. Na actualidade o museo aborda a creación dunha gran sala onde se narre a historia marítima de Galicia, dende a óptica comercial, na que se integrarán os restos extraídos de distintos pecios da costa galega.

Horarios:

Inverno (16 de setembro a 14 de xuño):
Martes a domingo de 10 a 14 h. e de 17 a 19 h.
Verán (15 de xuño a 15 de setembro):
Martes a domingo de 11 a 14 h. e de 17 a 20 h.
Luns pechado

Tarifas:

As entradas teñen validez por un día. A entrada Xeral ten acceso a todas as instalacións.

Xeral: 3 €
Xeral reducido (Estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos.): 1,50 €
Nenos menores de 8 anos e grupos de colexio: Gratis
Acuario: 2 €
Acuario reducido (Estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos): 1 €
Exposicións temporais: 2 €
Exposicións temporais reducido (Estudantes, xubilados, parados, grupos de máis de 10 persoas, menores 18 anos): 1 €

Contacto:

Páxina web: museodomar.xunta.gal
Avda. Atlántica, 160 – 36208 Vigo
Teléfono: 986247750 Fax 986247748
Enderezo electrónico: museodomar@xunta.gal

Máis

Hora

Xaneiro 1 (Venres) 00:00 - Decembro 31 (Mércores) 23:50(GMT+01:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events