
14out21:00Mounqup #ONTHERADARCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) Radar Estudios
Detalles do eventos
Camille Hédouin, mellor coñecida como Mounqup, é unha cantautora francesa-galega. O seu estilo musical foi etiquetado como unha mestura de jazz e música electrónica, aínda que se define
Detalles do eventos
Camille Hédouin, mellor coñecida como Mounqup, é unha cantautora francesa-galega. O seu estilo musical foi etiquetado como unha mestura de jazz e música electrónica, aínda que se define como unha vocalista electrónica rural. Chega a Galicia en 2011 para instalarse na aldea de Pardavedra (A Bola, Ourense) e formar parte do proxecto de recuperación da aldea de Saumede. Desenvolve unha electrónica moi persoal que conecta directamente coa islandesa Björk, pero tamén con Animal Collective, Grace Jones, The Knife ou Tune-Yards…
O seu primeiro traballo é ‘Proba de Son’ (Molho, 2017), gravado integramente por ela, contando con César ‘el Pana’ (batería de Belöp) para as mesturas e masterización.
Un ano despois chega ‘Castro Verdi’ (Molho, 2018). Un paso adiante na súa carreira que a leva a explorar novas texturas, aventurándose por novos carreiros que a achegan ao jazz, a electrónica con tinguiduras tribais e a experimentación con música incidental.
Venres 14 ás 21:00
Entradas á venda en www.woutick.es
Máis
Hora
14 outubro, 2022 21:00(GMT+02:00)
Localización
Radar Estudios
Rúa Iglesias Esponda, 30, 36201 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual