REVISTA ABRIL

Móllate polos Ríos

27set10:30Móllate polos RíosACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde10:30(GMT+02:00) Paseo do Lagares

Detalles do eventos

O domingo 27 de setembro Bidueiro coordinará en Vigo unha xornada de limpeza nun pequeno tramo do río Lagares, actividade incluida no calendario anual da Asociación e na “XIII Limpeza Simultánea de Ríos”, xornada de voluntariado ambiental promovida polo “Proxecto Ríos” e que conta coa colaboración de Augas de Galicia.

Para participar nesta actividade de Voluntariado Ambiental en Vigo hai que inscribirse previamente na secretaría da Asociación, chamando ao número de teléfono 686-986-784 en horario de 19:30 a 21:30 horas.

O prazo de inscricións ábrese o xoves 17 e péchase o xoves 24 de setembro ou antes no caso de completarse o número máximo de prazas.

Esta é unha actividade aberta e gratuita na que as persoas participantes farano en condición de VOLUNTARIAS.

A limpeza será de mañá nun punto do río Lagares bastante céntrico de Vigo, polo que podedes desplazarvos a pé, en autobús ou en vehículos particulares.

Se ben non fará falta que todos os participantes teñan que meterse na auga, unha boa parte deles si, por iso, o calzado máis axeitado serán botas de auga.

O único que aconsellamos e que traiades luvas de goma (guantes de fregar) e si é posible botas de auga, a maiores recomendamos levar roupa e calzado de resposto por se fose necesario cambiarse ao rematar a limpeza.

O horario da actividade será de 10:30 a 14:00 h., unha veza finalizada esta quen o desexe pode quedar ao xantar en grupo traendo a comida da casa. 

Máis

Hora

(Domingo) 10:30(GMT+02:00)

Localización

Paseo do Lagares

Rúa de Pablo Iglesias, 22, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events