CAMELIAS

Moito que sachar

20mar18:00Moito que sacharACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00(GMT+01:00)

Detalles do eventos

Este sábado 20 de marzo, dende a Asociación de Medios en Galego (AMEGA) celebran o Día dos Medios en Galego coa retransmisión, en streaming, do programa, a modo “Late Night”, que tivo que ser aprazado o 7 de febreiro (aniversario da saída do primeiro xornal en galego, O Tío Marcos d’Portela, aló polo 1876) polas restricións sanitarias.

A Casa Museo de Rosalía acollerá a emisión dun programa especial “Moito que sachar” presentado por Federico Pérez Rey, unha das caras máis visibles do audiovisual galego, que estará acompañado pola música en directo dunha banda formada por Iván Barreiro, á guitarra; Carlos Arévalo, á batería; e Ale Casquero aos teclados. Será unha festa da lingua, con entrevistas, sketches, o nacemento dun novo proxecto, así como singulares sorpresas que demostrarán o papel fundamental do galego como principal motor da comunicación no noso país.

O programa será retransmitido en directo nas nosas canles de Youtube, Facebook e Twitch. Ademais, tamén se emitirá o domingo ás 21:30h en NósTelevisión e o luns ás 18:00h en todas as emisoras municipais galegas da rede de Radiofusión.

Máis

Hora

20 marzo, 2021 18:00(GMT+02:00)