GFFF
GFFF

Minishow e photocall con Bluey

20set16:3019:30Minishow e photocall con BlueyPEQUERRECHOS | De balde16:30 - 19:30(GMT+02:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O Centro Comercial Gran Vía de Vigo acolle o evento “Ponte en Modo Baile con Bluey”, programado para os días 20 e 21 de setembro. Este evento familiar incluirá Minishows protagonizado por Bluey cun Meet & Greet co personaxe, un photocall temático e un sorteo dunha viaxe familiar ao parque temático Leolandia en Milán. Así mesmo, levará a cabo unha campaña solidaria en colaboración coa Fundación Madriña.

Horarios dos Mini-Shows

Os Minishows, dirixidos aos máis pequenos, terán unha duración de 25 minutos e celebrarase na Planta 0 do Centro Comercial. As familias interesadas poderán acceder ao recinto do espectáculo por orde de chegada ata completar as prazas dispoñibles. O único requisito para acceder é amosar a APP do Club de los Disfrutones descargada no móbil.

Venres 20 de setembro: 16:30 h, 18:00 h, 19:30 h
Sábado 21 de setembro: 12:00 h, 13:00 h, 16:30 h, 18:00 h, 19:30 h

Sorteo dunha viaxe familiar a Leolandia, en Milán

En paralelo ao evento, o Centro Comercial levará a cabo, a través da APP do Club de los Disfrutones, un sorteo cuxo premio consiste nunha viaxe familiar con todos os gastos pagos ao parque temático Leolandia en Milán. Este sorteo estará activo na aplicación ata o 22 de setembro.

Photocall temático

Durante os días 20 e 21 de setembro, instalarase un photocall na Planta 1 da área comercial na zona de Oysho. Os nenos e nenas poderán posar no coche da familia Heeler.

Máis

Hora

20 setembro, 2024 16:30 - 19:30(GMT+02:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events