Portamerica
REVISTA MAIO

Este é un evento repetitivo

Millo vello

21abr20:00Millo velloESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Millo Vello é unha práctica performativa onde corpos e obxectos dialogan coa música en vivo. É un exercicio de continua tentativa de volver á sabedoría ancestral, primitiva, ao mesmo tempo que abrazamos o que forma parte da nosa realidade e contexto actual. Aceptar e construír co que temos ao noso alcance sen perder a mirada no que nos enraíza e da sostén. Rendendo homenaxe ao tempo dilatado, ao pasado, pero acollendo a velocidade de hoxe., Abrazando o presente nesta convivencia que podería revelarse antagónica pero non o é. Tratando de tecer con mimo para construír o noso lugar seguro. En realidade, esta práctica é unha carta de amor a nós mesmxs e a todas aquelas persoas que se poidan sentir apeladas na busca dese lugar apracible onde habitar. Servímonos da busca dende o subconsciente e os soños, creando paisaxes visuais que invitan á observación tranquila, a poñerse en tempo de árbore. Para acadar así o deleite de ser testemuña de algo que, como a natureza, vaise conformando pouquiño a pouco.

Venres, sábado e domingo ás 20:00

Entradas

Máis

Hora

21 abril, 2024 20:00(GMT+02:00)