O Mercado Reciclado volve coa edición "amor de Entroido"
Detalles do eventos
Con Mercado Reciclado Felicetta retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periodico, pero a xente mo
Detalles do eventos
Con Mercado Reciclado Felicetta retoma ese espíritu co que comezou o seu negocio. “Nun inicio non ía ser un evento periodico, pero a xente mo pediu”, conta Gualtieri. Nesta feira mensual encontramos prendas de segunda man, xoias artesás e marcas que, como ela, practican a suprerreciclaxe textil. “Creo que os mercados son imprescindibles para as pequenas marcas e tamén un punto de encontro para non sentirnos tan soas”. Engade que as veces o importante non é vender moito na propia feira, pero si darse a coñecer.
Este mes trae a edición “Amor de entroido”, ideal para celebrar nun mesmo evento o Entroido e San Valentín. Logo da edición de especial de xaneiro, volve coa arte, deseño e upcycling de cada edición como protagonistas.
O horario é 12 a 21h, con nove postos variados de Arte/Deseño/Upcycling entre os que atopamos ARTE TERRA, 0223, LOKI THE CAT DESING, PEQUENANOS, DESIDRATADAS…
Na entreplanta atoparás tres proxectos de segunda man e vintage. O taller de Felicetta Gualteri estará coas portas abertas coas pezas upcycling. Lembra que tes a opcións de troco (trae tres pezas e cámbiaas por outras tres).
PROGRAMA
VERMUT 13:00h
Acústico con Mr. Lowtide @juanpachs
INTERMEDIO 17:30h
Dj Session @miguel.garabatos (Mesturas efémeras)
PECHE 19:30
Electroacústico Juan Luchava (canciones del futuro prometido)
Máis
Hora
10 febreiro, 2024 12:00(GMT+01:00)
Localización
Simia Espacio
Rúa de Alfonso XIII, 9 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualdecembro
Séguenos nas redes