CAMELIAS MASCOTAS

Medio Rural organiza esta fin de semana un mercado gastronómico de produtos artesáns galegos

22nov(nov 22)13:1524(nov 24)20:00Medio Rural organiza esta fin de semana un mercado gastronómico de produtos artesáns galegosFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:15 - 20:00 (24)(GMT+01:00) Rúa Areal

Detalles do eventos

Mañá venres ás 13,00 horas abrirá as súas portas en Vigo o Mercado de Nadal de Artesanía Alimentaria organizado pola
Consellería do Medio Rural. Este espazo, que se localizará no Peirao do Areal, permanecerá aberto ata o vindeiro domingo, en horario de mañá e tarde (de 11,00 a 14,30 horas e de 16,00 a 20,30 horas), cunha ampla oferta de produtos de calidade diferenciada adscritos á marca Artesanía Alimentaria (a!) e un completo programa de actos de carácter lúdico.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES
Venres:
13:15 h – Por amor ao a!rte. Romances de mesa: Harmonías de queixo e sidras artesás: coa participación de O Rexo, A Meixoeira e Adega Pedro Leivas
14:00 h – Sorteo dun lote de produtos a!, que se repetirá á mesma hora o sábado e o domingo, e tamén a última hora de cada xornada, antes do peche das instalacións
Pola tarde – Teatro familiar, unha merenda con a!rte e un espectáculo de maxia.
18:30 h – Prevista a visita de Papá Noel, que será amenizada con chocolate quente de a!.

Sábado:
11:15 – Almorzos feitos con a!mor. Presentará o chef Diego Domínguez e participarán Mel de Liñares, Queixos Castelo e Trasdeza Natura.
A continuación .- Táboas con a!rte, queixos embutidos e máis de Artesanía Alimentaria, neste caso coa participación de Cienporcel, Gandaría Quintián e Cerveza Menduiña
Pola tarde – Teatro familiar.
A continuación – a!rte Doce, unha Jam Session de postres con Artesanía Alimentaria, coa participación de Xacobleas e Doce Bágoa
19.00 h – Música no Mercado, con Broken Peach e o seu show de Nadal.

Domingo:
11:45 h – Os inseparables de Artesanía Alimentaria, evento no que participarán Caurelor e Biostore.
13:00 h – Artesanía Alimentaria a!uténtica, Embutidos Valentina e Mamá Teresa
Pola tarde – Teatro familiar e un espectáculo de maxia.
A continuacion – Sorpréndete con a!, un obradoiro de elaboración de xeado con queixo artesán
19:00 h – Monólogos a! Leti da Taberna, a galetiktoker taberneira

Ademais, ao longo dos tres días nos que permanecerá aberto este mercado, haberá unha zona infantil con actividades para os máis cativos, como un obradoiro de postais e chapas de Nadal, talleres de Artesanía de Galicia e tatuaxes e maquillaxe de Nadal.

Este mercado de Nadal en Vigo é o primeiro dos catro organizados pola Xunta nestas datas, un por cada provincia galega. Así, o resto serán os de Ribadavia, do 6 ao 8 de decembro; o de Lugo, do 13 ao 15 de decembro e o de Santiago de Compostela entre o 20 e o 22 de decembro. O obxectivo desta iniciativa é poñer en valor o selo de calidade diferenciada Artesanía Alimentaria, polo que as expositoras nestes mercados serán pequenas empresas que elaboran e comercializan produtos acollidos dos diferentes sectores para os que se conta coa correspondente norma técnica.

Máis

Hora

22 novembro, 2024 13:15 - 24 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)

Localización

Rúa Areal

Rúa do Areal, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events