
MC4
19mar21:00MC4CONCERTOS | 5,00 €21:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
Programación fin de semana: Mércores 19 de marzo ás 21:00h > MC4 con Carmela Warhol como convidada especial. MC4 é
Detalles do eventos
Programación fin de semana:
- Mércores 19 de marzo ás 21:00h > MC4 con Carmela Warhol como convidada especial. MC4 é unha banda viguesa formada por contrastados músicos da escena local, que deleita ao público, amante do rock and roll, coas mellores versións e os temas máis coñecidos da historia, tanto nacional como internacional. Está formado por Francesco Carini «O Italiano» na voz, David Vázquez (Moon Crista) nos teclados, Andrés Cunha (Sinistro Total, Os EP’s) no baixo, Óscar Avendaño (Sinistro Total, Os Bo Derek’s) á guitarra.
- Xoves 20 de marzo ás 21:00h > Yule: Cantante e compositora que busca incursionar novos xéneros musicais para crear unha sensación que chegue a todo a túa ser e tantas cousas que teño que contar, pero xa ese día. Sollawey: Cantante e compositor, que forma parte de @horizontheshow e tras anos de traballo esta noite mostra o seu repertorio por primeira vez en directo. @mingo.ct vocalista e bailarina en @horizontheshow que estará a presentar o seu próximo repertorio. @nikkzeta DJ, cantante e compositor que busca transmitir a través de metáforas e referencias culturais as súas vivencias e opinións, unha viaxe polo hiphop. ENTRADAS AQUÍ
- Venres 21 de marzo ás 21:00h > As Darbukas Dacolá & Lidia India en concerto. Descubre a fusión de culturas nun espectáculo único! As Darbukas Dacolá: música galega e oriental cun toque especial, acompañados pola bailarina Nuria Lenda Moura. Lidia India: Caldos galegos con sabores tropicais e ritmos do mundo, nunha conexión musical inesquecible. ENTRADAS AQUÍ
- Sábado 22 de marzo desde ás 21:00h > 21.00h é a apertura de portas, ás 21.15h terá lugar o obradoiro de baile Afrofusion meets Jazz dance con Geni Muxima & Elena Branco, ás 22.00h o Rhythm On DJs – jazz/swing e as 23.00h: DJ Nahgga – house/hip hop/afro.
- Domingo 23 de marzo ás 20:00h > Keith & Tex son un dúo xamaicano de ska e reggae cuxa música resoou a través das xeracións e segue a cativar ao público de todo o mundo. Nacidos a finais da década de 1940 en Xamaica, os dous homes comezaron a facer música xuntos a finais da década de 1960, e rapidamente alcanzaron a fama con éxitos como «Stop That Train» e «Tonight», que se converteron en cancións clásicas do reggae e da música xamaiquina en xeral. Keith Rowe, vocalista principal do grupo, creceu en Kingston (Xamaica) e estivo influenciado pola música soul e R&B estadounidense, así como pola música tradicional xamaicana. Tex Dixon, o cantante de harmonía do grupo, tamén creceu en Kingston e comparte formacións musicais e influencias similares con Keith.
Máis
Hora
19 marzo, 2025 21:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual