REVISTA ABRIL

Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala NASA 1992-2011

14abr(abr 14)20:0029xuñ(xuñ 29)21:00Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala NASA 1992-2011ARTE E MUSEOS | De balde20:00 - (xuño 29) 21:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

A compañía teatral Chévere, autora de celébres producións como N.E.V.E.R.M.O.R.E ou Eroski Paraíso, organiza unha exposición que rememora a actividade da Sala Nasa, activa en Santiago de Compostela entre 1992 e 2011.

En outubro de 1992, nun taller abandonado do número 51 da compostelá rúa de San Lourenzo, o Grupo Chévere abría as portas da Sala NASA (Nave de Servizos Artísticos). Ao longo de vinte anos, esta sala converteuse nun grande espazo de axitación cultural, cuxo impacto social e artístico se espallou por toda Galicia e que, a día de hoxe, continúa influíndo en novas xeracións de creación e xestión cultural. Cabaré, música ao vivo, performance, recitais poéticos, teatro ou as famosas sesións das «Ultranoites» conformaron unha programación atrevida e innovadora, que foi perseguida polo rancor político ata conseguir acabar con ela. Trinta anos despois daquela iniciativa xestionada por Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Xesús Ron e demais nomes que foron formando parte do grupo, Ártika acolle a exposición Materiais para un arquivo da cultura submarina. Sala NASA 1992-2011.

Actividades paralelas:

Venres 14 de abril ás 20h – Inauguración coa presenza de Xesús Ron e Patricia de Lorenzo + Proxección de A viaxe dos Chévere, película de Alfonso Zaraúza + Presentación do libro Chéveres (1987-2022) Trinta e cinco anos de axitación cultural e o comic O navegante (unha viaxe a bordo da Sala Nasa).

9 e o 26 de maio ás 20h – conferencia performativa Pequenas mentiras para contar grandes verdades, na que Patricia Lorenzo falará do proceso de creación dalgunhas das personaxes que interpretou ao longo dos últimos quince anos en diferentes obras da compañía Chevere.

A exposición poderá visitarse entre o 14 de abril e o 29 de xuño, de luns a xoves de 17:00h a 21:00h e durante a fin de semana, en horario de función. A entrada é gratuíta.

Máis

Hora

Abril 14 (Venres) 20:00 - Xuño 29 (Xoves) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events