REVISTA ABRIL

'Materiais para pensar, gozar e profanar' de María Xosé Queizán

17set(set 17)09:0029out(out 29)14:00'Materiais para pensar, gozar e profanar' de María Xosé QueizánARTE E MUSEOS | De balde(setembro 17) 09:00 - (outubro 29) 14:00(GMT+02:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A sede da Deputación en Vigo acolle unha mostra inédita sobre a faceta plástica da escritora María Xosé Queizán composta por collages e obxectos cotiás, persoais e familiares. Pode visitarse ata o 29 de outubro.

‘Materiais para pensar, gozar e profanar’ é o nome dunha mostra inédita da obra plástica da escritora, poetisa e ensaísta María Xosé Queizán. Nesta exposición mestura pezas conceptuais e collages con obxectos cotiás, persoais e familiares. “Cambiei o meu modo de comunicar, que é a lingua, por materiais pobres e tanxibles. Expreso ideas tratadas con humor ou retranca, e están presentes a admiración ou a crítica sarcástica”, explicou a autora durante o acto de inauguración.

A mostra, que pode verse na sala Rosalía de Castro da sede, está composta por medio cento de pezas. A súa orixe remóntase a hai máis dunha década, cando a autora empezou a recompilar materiais de todo tipo (caixas, pezas de porcelana, metal, cartóns,…), e con eles deu forma a inusuais e sorprendentes obras de arte ás que outorgou un novo significado. “Entre os obxectos expostos está a bandurria do meu pai, o suxeitador de voda da miña nai, o retrato da tía Marucha ou o coador de café do tío Moncho”, contou Queizán, para engadir que a través da exposición “maniféstanse os meus criterios e a miña vida”.

A exposición, que poderá visitarse ata o 29 de outubro na sede viguesa da Deputación (situada na Rúa Eduardo Chao do Casco Vello), descobre unha nova faceta da narradora, ensaísta, columnista e poetisa, que complementa o perfil, xa de por si poliédrico, desta pioneira da narrativa feminina en galego.

Horario de visita: luns a venres de 9.00 a 14.00 horas.

Máis

Hora

Setembro 17 (Xoves) 09:00 - Outubro 29 (Xoves) 14:00(GMT+02:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events