UVIGO
FILLOAS

 "Más que Tribus"

13nov10:0013dec21:00 "Más que Tribus"ARTE E MUSEOS | De balde(novembro 13) 10:00 - (decembro 13) 21:00(GMT+01:00) Centro Cultural de Beade

Detalles do eventos

Nesta exposición quere amosar dúas facetas artísticas, de aí o título da mostra.

A primeira é unha serie de pinturas de mulleres de diferentes etnias realizadas en óleo e collage sobre madeira ou lenzo, nas que destaca a cor e a diversidade de adornos e maquillaxes considerados unha verdadeira arte da beleza e a pertenza social. 

A segunda é un conxunto de impresións sobre papel de motivos mariños, principalmente peixes, sepias, polbos, etc. feita coa técnica denominada Gyotaku realizada con tinta china. O gyotaku (gyo “peixe” e taku “fregar”) é un método tradicional artístico orixinario do Xapón que data de mediados de 1800. Esta forma de impresión natural foi empregada polos mariñeiros que querían ter un rexistro das súas mellores capturas.

Datos de interese:

Título: “Más que Tribus”

Artista: Pilar Iglesias Mira (Pimira)

Datas: do 13 de novembro ao 13 de decembro

Horario de visita: luns a domingo de 10:00H. a 21:00H.

Lugar: Sala de Exposicións do Centro Cultural de Beade – Ctra. Coutada, 42 Beade, Vigo.

Máis

Hora

13 novembro, 2023 10:00 - 13 decembro, 2023 21:00(GMT+01:00)