REVISTA ABRIL

Maryland

03feb21:30MarylandCONCERTOS | Desde 10,00€21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

A finais da primeira década do ano 2000 nacía Maryland, unha banda de power pop influenciada por grupos alternativos estadounidenses, da altura de Weezer, Paramore ou Nada Surf, cos que chegaron a compartir selo discográfico (Ernie Producciones). Ao longo destes vinte anos a formación variou, sempre cos irmáns Rubén e Pablo Castelo á cabeza.

Da mesma forma que tantas bandas nacionais, por exemplo Sidonie ou Love of Lesbian, os seus comezos foron en inglés. O seu primeiro traballo, Surprise, viu a luz en 2009. Dez cancións que marcan a liña de futuros discos: pop rock melódico e guitarreiro coa suave voz de Rubén como fío condutor.

Dous anos despois publicaron Get Cold Feet, de novo producido por Jaime Soriano (membro de Sexy Sadie), un álbum máis forte e maduro cuxa xira rematou cunha actuación no festival Primavera Sound. En 2013 debutaron en castelán con Los años muertos, que continúa co camiño trazado ata a data.

Gravaron o seu cuarto álbum, Resplandor, en 2018 como trío, co excompoñente de Blows Toni Penido á batería. A banda gaña contundencia coa incorporación de Erick Puccioni ás guitarras, ademais de suprimir os teclados nos seus directos. Non son moi amigos das etiquetas á hora de cualificar o seu estilo de aires atemporais e internacionais: “Comezaron a colocarnos no emo pop e no power pop, dous discos despois eramos indie rock e agora creo que estamos entre o rock e o pop, cando este xénero abarca moitísimos rexistros”, comentou Pablo nunha entrevista para A Movida.

Máis