Marta Larralde presenta 'Olvido y León'
Detalles do eventos
A actriz viguesa Marta Larralde presenta este venres a película ‘Olvido y León‘ nos Cines Yelmo. Cúmprense dezasete anos desde que interpretou o personaxe
Detalles do eventos
A actriz viguesa Marta Larralde presenta este venres a película ‘Olvido y León‘ nos Cines Yelmo. Cúmprense dezasete anos desde que interpretou o personaxe de Olvido en ‘León y Olvido’ (Xavier Bermúdez, 2004); mais non supón ningún obstáculo para a actriz, que volve a meterse na pel da protagonista para dar vida a esta historia.
“Despois de quince anos Olvido aceptou que o seu mal non é o seu irmán xemelgo, León, que ten a síndrome Down. Podería abandonalo, pero aceptou que o seu mal son poderes que non coñece e non identifica ben, pero que sente que os hai. Poderes que tecen como unha araña un cárcere de insatisfacción social e persoal.”
Podes conseguir as túas entradas aquí. O prezo dunha entrada xeral é de 8,00€; para menores de trece anos e maiores de sesenta é de 6,90€. Tamén poden acceder a este desconto os menores de 26 co Carné Xoven.
Larralde tamén impartirá un taller este domingo, 11 de abril, en Actuarte Espacio Creativo. Dirixida a actores e actrices en formación ou profesionais con pouca experiencia no mundo audiovisual, forma parte do curso ‘El trabajo del actor en el SET’. Para máis información sobre prezos e reserva preme nesta ligazón.
Máis
Hora
9 abril, 2021 18:30(GMT+01:00)
Localización
Multicines Yelmo
Centro Comercial Travesía, Rúa Travesía de Vigo, 202, 36207 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualnovembro
Séguenos nas redes