Marcha Solidaria 700 Camisetas Contra A Leucemia
Detalles do eventos
O domingo 26 de setembro terá lugar, por 12ª edición consecutiva, a Marcha Solidaria 700 camisetas contra a leucemia (NON COMPETITIVA) desde o CC A Laxe de Vigo
Detalles do eventos
O domingo 26 de setembro terá lugar, por 12ª edición consecutiva, a Marcha Solidaria 700 camisetas contra a leucemia (NON COMPETITIVA) desde o CC A Laxe de Vigo ata a Praza da Peregrina de Pontevedra. A marcha busca a través do movemento, sensibilizar á poboación sobre a necesidade de que aparezan novos rexistros de doantes de medula ósea para regalar vida en vida.
Ata o momento levan rexistradas algo máis de 300 persoas que realizarán camiñando, correndo ou en vehículos adaptados (para persoas con diversidade funcional dos colectivos de Discamino e Rodando) os 36 km que separan Vigo de Pontevedra por un percorrido único e moi especial para as persoas que esperan pacientes unha medula ósea compatible.
A inscrición pódese facer desde a páxina web www.700camisetascontralaleucemia.org e só será posible coa vacinación completa ou no seu caso, coa acreditación dun PCR negativo nas 48 horas previas á marcha.
Entregarase unha camisetas conmemorativa e unha mochila á hora de recoller os dorsais (en SAN Vigo Centro do 20 ao 23 de Setembro e no CC A Laxe o venres 24 e o sábado 25). Durante o percorrido facilitaranse 5 puntos de avituallamiento e zona de masaxe na chegada de Pontevedra.
Máis
Hora
26 setembro, 2021 08:00(GMT+01:00)
Localización
CC A Laxe
Rúa Cánovas del Castillo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra